bosque

Autorretrato extravagante. Na fraga. De noite

Tinta e acuarela

Soñei que soñaba con mariñeiros de madeira, con vaqueiros de pel rosada e cun capitán que non mandaba a ninguén.
Atracadoras de bancos, foraxidas que cabalgan armadas, raíñas sen reis (e sen leis) e un cormorán con espada.
Soñei que soñaba debaixo do mar e para non afogar deixei de soñar.
Trapecistas birollos, malabares, feiticeiras namoradas que esqueceron os contos de fadas
e unha nave de guerra que xa non navegaba.

Soñei. E cando espertei, soñei que soñaba nunha fraga de flores encantadas.


2 Thoughts.

  1. Ola! Veño de descubrir o teu blog (grazas a un primo teu :D) e encántame o que fas! Esta e a do lobo van directiñas ao Pinterest 🙂 Unha aperta!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *